ALIMAGRO, PECHOU AS PORTAS ATA A PRÓXIMA EDICIÓN
Revolto de ovos con queixo de Arzúa, era o reto/degustación desta tarde.
A xornada do domingo, tanto de mañá como de tarde estivo moi concorrida de público, que paseou pola explanada do Toural para ver a exposición de maquinaria e no pavillón, pola mañá a degustación do guiso limiao, e pola tarde para ver si o reto/degustación dun revolto de ovos con queixo de Arzúa, era conseguido, e sobre todo degustalo.
Desta maneira despídese ALIMAGRO 2022 ata a próxima edición, coa petición do organizador e promotor principal da feira Amador Díaz, facendo unha petición:
Sexa quen sexa o equipo de goberno do ano que ven, solicítolle que un dos seus obxectivos sexa a celebración da 4ª edición de Alimagro.


Visita de Celso Delgado

Un ano máis o deputado no Parlamento Nacional achegouse a feira e visitou os stands acompañado polo portavoz do partido PP en Xinzo Toni Fernández.
