Almorzo musical e ecolóxico na Ludoteca da Limia

Almorzo ecolóxico na Ludoteca de Xinzo
Almorzo musical e ecolóxico na Ludoteca da Limia
A cita será o vindeiro sábado 12 de abril a partir das once e contará co concerto de Magín Blanco REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter:...

A cita será o vindeiro sábado 12 de abril a partir das once e contará co concerto de Magín Blanco

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Cousas ricas, libros e boa música. Eses serán os ingredientes do almorzo ecolóxico que preparan na Ludoteca de Xinzo de Limia o vindeiro sábado a partir das 11 da mañá.

Non haberá polo tanto nin que madrugar para desfrutar dun bo almorzo a base de produtos elaborados de maneira ecolóxica, entre os que haberá zume de laranxa, aceite, galletas de O Grelo Verde, pan tradicional, mel e marmeladas caseiras. E unha vez co bandullo cheo a iso do mediodía, chegará a música do ourensán Magín Blanco, a quen poderedes coñecer un pouco máis premendo aquí.

O prezo das entradas, que xa están á venda na ludoteca, é de cinco euros, e os que veñan en familia poderán desfrutar de descontos.