Alternativa por Xinzo ÁXIL, os únicos que descroucharon champan

IMG_20190527_003119
Alternativa por Xinzo ÁXIL, os únicos que descroucharon champan

Un fallo na aplicación do goberno retrasa os datos de Xinzo

Os datos adiantados por dendealimia ás 23:28 seguen inalterables no reparto de sillóns na consistorial de Xinzo.

PP 5; PSdG-PSOE 3; ÁXIL 2; CIDADÁNS 1; XINZO ADIANTE 1 e BNG 1

Os únicos que celebraron os resultados da noite electoral foron os compoñentes da lista de Alternativa por Xinzo ÁXIL posto que na primeira vez que se presentan, formando candidatura fai escasamente dous meses lograron 2 concelleiros.

CARAS LARGAS NAS OUTRAS FORMACIÓNS

Antonio Fernández-Toni, nas filas do PP celebraba ser a lista máis votada, pero por contra quedouse a dous concelleiros da maioría absoluta que viña tendo dende fai 4 lexislaturas.

Elvira Lama, obtén 14 votos máis que nas municipais do 2015, pero consegue un concelleiro menos, aínda que manifestou que claramente o pobo votou por un cambio no concello.

Dendealimia, non puido comunicar nin con BNG, Xinzo Adiante nin Cidadáns

O BNG, mantivo o concelleiro que tiña baixando case 100 votos dende as anteriores.

Cidadáns con Montse Lama ao fronte tamén subiu dende os 0 concelleiros ata 1, pero as súas perspectivas eran conseguir arriba de dous e ser chave do goberno municipal.

Xinzo Adiante, foi o máis damnificado destas eleccións baixando de 3 a 1 concelleiro, deixando no camiño destes tres anos máis de 500 votos.

Amador Díaz e os seus recolleron os votos que deixaron no camiño os de Xinzo Adiante, ademais dos de “rascar” nos bolsiños de PP e algún máis.

ISTO VAI A SER UNHA TORTILLA

No medio da celebración os membros de ÁXIL, aínda que felices, facían a valoración que con estes resultados había que cociñar unha “tortilla” e que non é fácil, aínda que o que sobran na Limia son ovos e patacas.