Alumnado do Carlos Casares gaña un concurso provincial de beléns

2
Alumnado do Carlos Casares gaña un concurso provincial de beléns

Os rapaces, de 5 anos, elaboraron un belén con fregonas.

O Obispado de Ourense entregou, na víspera do día de Reis, os premios da primeira edición do concurso de beléns baixo o lema "Pon un belén no teu Nadal".

O primeiro premio do certame recaeu na clase de infantil –nenos de 5 anos– do colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia. Os rapaces limiáns construíron un belén con fregonas, contando coa axuda das súas familias e dos seus profesores. Recibiron, ademáis do premio conmemorativo, un lote de libros para as aulas e cara cada un dos 48 alumnos participantes.

3

Dúas rapazas de Verín –Ana Fornos e Aida Méndez– recibiron tamén sendas mencións especiais no concurso.