O alumnado dos institutos de Xinzo, vai de pé e nas escaleiras nos autobuses de transporte escolar, por falta de asentos

transporte escolar
O alumnado dos institutos de Xinzo, vai de pé e nas escaleiras nos autobuses de transporte escolar, por falta de asentos

Líbrevos Dios de que vos vexan, se nos paran pagades vos a multa

Usuarios do transporte escolar que son trasladados aos dous institutos de Xinzo, denuncian moitas irregularidades dende que cambiaron a empresa adxudicataria neste curso.

ATROPELOS PARA SUBIR PARA NON QUEDAR SEN PRAZA

As mesmas fontes relatan acontecementos que mais asemellan as imaxes do metro nas cidades de China ou Xapón.

Cando collemos o primeiro autobús que chega a parada Villasana,que ven de Sarreaus ou de Cualedro, todo son empuxós para ser os primeiros para entrar. Os que non poden subir, quedan para o segundo e si non hai prazas, solo quedan dúas solución. A primeira ir de pe, no colo doutro, ou nas escaleiras ante a ameaza da coidadora e o chofer de que non nos vexan. Si nos paran pagades vos a multa. E outras veces, moitas, chamar aos nosos país para que nos veñan a buscar.

Á VOLTA PODE SER PEOR. HAI MOITO FAVORITISMO

Para coller praza no autobús a saída ao mediodía, se esperas a que toque o timbre, xa non colles o primeiro, e tes que esperar a que dea a volta. Mentres, tes que estar ao frío e a media chuvia, a marquesiña está totalmente furada, e cando volve o autobús dáste conta de que xa hai pasaxeiros no mesmo. Algún sentado no asento do acompañante do condutor e os amigos dese mesmo alumno/a na traseira do autobús. Eses non tiveron que esperar ao frío e chuvia, aínda que se diga que o motivo de non montar no primeiro é que antes teñen que subir os dos pobos.

Estas situación , segundo nos informan, xa foron postas en coñecemento das dirección de algún dos centros educativos e a resposta foi: Chamade vos a empresa.

Tamén temos constancia de que xa houbo algunha denuncia por parte de algún proxenitor e están a espera de que as autoridades educativas tomen medidas. Parece que a empresa xa as tomou afastando o condutor destas liñas, pero as reclamacións parece que tamen atinxe a acompañante.