Amigos das Árbores da Limia reúnese mañá co alcalde de Xinzo

unnamed (7)
Amigos das Árbores da Limia reúnese mañá co alcalde de Xinzo

Varios membros da Plataforma Amigos das Árbores da Limia reuniranse mañá co rexedor limián, Antonio Pérez.

Tras varias semanas de mobilizacións e recollidas de sinaturas, o alcalde de Xinzo de Limia recibirá mañá na Casa do Concello a representantes da Plataforma Amigos das Árbores da Limia. A reunión, que foi solicitada pola plataforma a pasada semana, terá lugar ás 12:00 horas. Nela, ademáis de Pérez, estarán presentes técnicos do concello para avaliar as propostas da plataforma.

A Plataforma Amigos das Árbores da Limia naceu co obxectivo de reclamar unha solución para a Avenida de Celanova que conserve as árbores centenarias presentes nas beiras do vial na súa totalidade.