sábado. 03.06.2023
Medio Ambiente

Os Amigos das Árbores da Limia solicitan unha reunión coa Consellería de Infraestruturas

A petición de reunión aínda non foi atendida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta.

díptico-1

Apenas unha semana despois de que a Plataforma de Amigos das Árbores da Limia fóra recibida polo rexedor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, a asociación segue reclamando unha reunión urxente coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Xa hai dúas semanas dende que solicitaron por rexistro a xuntanza, mais aínda non obtiveron ningunha resposta. Dende a Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia piden publicamente a Ethel Vázquez e ao Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que sexan recibidos. 

díptico-2

"Temos recollidas máis de tres mil sinaturas contra un proxecto que o único que traerá é máis tráfico pesado a Xinzo de Limia coas súas nefastas consecuencias", afirman. Queren, xa que logo, que a Xunta escoite as alternativas dos técnicos da asociación para levar a cabo as melloras necesarias na Avenida de Celanova sen ter que cortar 56 árbores centenarias que dan sombra no Camiño Mozárabe a Santiago ao seu paso pola vila.

Comentarios