A ampliación da ponte sobre o Limia é inminente e nela investiranse 800.000 euros

A ampliación da ponte sobre o Limia é inminente e nela investiranse 800.000 euros

Ademais tamén está planificada a construción dunha pasarela peonil

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

As obras de ampliación dunha ponte sobre o río Limia no Concello de Xinzo así coma a construción dunha nova pasarela peonil son inminentes, polo que se prevé que poderían comezar esta mesma semana. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil será a encargada de desenvolver este proxecto no que tamén se inclúe a instalación de escolleras ao longo do río para evitar inundacións.

A ponte, polo que hoxe en día non cabe máis ca un vehículo, contará tras a intervención con dous carrís e beirarrúas aos dous lados. Estes traballos beneficiarán sobre todo aos veciños de Lamas e Ganade que grazas a esta infraestrutura evitan o paso polo centro urbano. Ademais, de facilitar a ruta a aqueles outros que desexen circular en dirección ao parque empresarial, á autovía A-52 e á nacional 525. A pasarela peonil virá a substituír á actual que se localiza na zona das piscinas e que tivo que ser bloqueada por perigo de derrubamento.