Aprobación das obras do parque empresarial de Xinzo

poligono-xinzo-limia
Aprobación das obras do parque empresarial de Xinzo
Uns 86.5 metros cadrados que corresponden a 19 parcelas de uso industrial e catro de uso terciario

O polígono 2 do parque empresarial de Xinzo ampliará as súas parcelas. As obras, os contratos de xestión facultativa e de controis de calidade foron aprobados a pasada semana. Nesta obra invertiranse arredor dos 3,6 millóns de euros.

Este polígono ocupará coa ampliación uns 118.695 metros cadrados. Deses metros, 86.521 responden a 19 parcelas de uso industrial e catro de uso terciario. Ademais, será a empresa pública Xestur a propietaria de todos os terreos nos que se construirá a ampliación.

O obxectivo destas obras é xenerar emprego en Xinzo e promover o asentamento da poboación no rural. Polo que con esta ampliación, novas empresas poderán afincarse en Xinzo de Limia. Ademais, non só Xinzo se ampliará e mellorará, senón que o polígono de San Cibrao das Viñas tamén ten prevista unha mellora cunha inversión duns 1,8 millóns de euros.