As 12 da maña de onte venres foi presentado o amplo programa das festas de Sta.Mariña, que xa comezou na serán de onte veneres e que continuará ata pasada a media noite do día 18.
PROGRAMACIÓN PARA TODAS AS IDADES
Comezou a programación no día de onte venres con actividades para os mais pequenos, coa festa da escuma e a actuación da Chikibanda, os mais xoves da Agrupación musical da Limia.
Hoxe sábado levarase a cabo o IIIFESTIVAL DE BANDAS DE GAITAS vila de Xinzo, que este ano contará coa presenza das tres bandas de Xinzo C,B e A, tendo como invitados a banda de Maceda, Tiago de Cardielos de Viana do Castelo e a banda de gaitas L´arborcer de Castrillón de Asturias.
Non faltará a animación nas rúas por conta da Agrupación Musical da Limia e a charanga Europa. Rematará o día coa actuación de Los Mecánicos no parque do Toural.
ORQUESTRAS DE RENOME
Este ano parece ser que as orquestras que se achegarán a Xinzo veñen precedidas de moito “cache”. O domingo a parte musical estará a cargo do grupo Miramar e o “cuarteto improvisado” e o luns e o martes actuarán os grupos orquestrais Combo Dominicano e Nebraska. Para rematar as festas o día grande da patroa será a actuación da orquestra Graffiti.
Todas estas orquestras farán as súas actuacións, ben na rotonda do Toural ou ben na explanada do parque do Toural.
CAMBIO DE EMPRAZAMENTO DAS BARRACAS
Por mor de que os palcos destas orquestras teñen unhas dimensións que non caiban noutro sitio a maioría das actuacións serán na explanada do parque, debido o cal as atraccións irán na rúa dous de maio e explanada do pavillón de deportes.