Un ano máis a apertura de locais en Xinzo terá 0 € de taxas

Momento da celebración do pleno
Un ano máis a apertura de locais en Xinzo terá 0 € de taxas

Tamén o pleno acordou os novos prezos para exposicións e feiras

A primeira parte do mesmo contemplaba a aprobación de varios expedientes de modificación de ordenanzas municipais, que foron aprobados por unanimidade de todos os grupos agás o terceiro no que a concelleira Montse Lama, abstívose.

Desta maneira modificáronse, sempre a baixa as ordenanzas fiscais de ocupación de terreos públicos, barracas, etc. Así como a exención de taxas e impostos a apertura de locais de negocio por un ano máis e a baixa da taxa de stands nas feiras organizadas no pavillón de deportes, neste caso para feiras de mostras e de comercio.

DOUS PLENOS NUN

Elvira Lama, necesitou moita hidratación na acalorada discusión coa Sra. Lama

A partir dese momento todo o que se fixo por consenso trocouse en desacordo. Primeiramente na presentación por parte do grupo do PP sobre unha proposta de instar ao Goberno de España dun Plan de medidas urxentes extraordinarias en defensa das familias e a economía española.

Os diferentes grupos engarzáronse nunhas discusión en defensa de cada goberno (autonómico, provincial, estado..) que levou no mais “encendido” dos momentos a que a alcaldesa lle cortou o son e a palabra a Sra. Lama, despois de acusarse mutuamente de discursos populistas.

Outro momento álxido da discusión entre as dúas Sra. Lama, foi cando a alcaldesa lle insinuou concelleira independente a defensa acérrima da Deputación, entende que para buscar oco nas seguintes listas e tamén polo feito de que dende fai máis dun ano participe na labor de concelleira telematicamente.

Montse Lama apelou a o feito de ser muller e ter que conciliar, acusando a alcaldesa de que moito saír defendendo as mulleres e na primeira ocasión dicir o que acababa de comentar, non dicindo nada das outras persoas que se conectaron tamén telematicamente.

Tamén interviu o concelleiro de Facenda Sr. Campos, defendendo que sen impostos, non se pode facer política, posto que as administracións teñen que ter recurso, e o problema da carestía das enerxías, solo se resolve poñendo un prezo fixo, tanto para a eléctrica como para os combustibles, por exemplo 60 céntimos.

Por alusións varias interveu tamén o portavoz do PP, esta vez tamén telematicamente, artífice da moción, solicitando a opinión persoal dos concelleiros que non pertencen ao PSOE, e que con tanta ansia defenderon o non a moción, simplemente por estar gobernando cun grupo socialista en Xinzo. Nos en defensa dos intereses do noso pobo iremos a pedir o que sexa, aínda que sexa a Xunta, gobernada polo PP.

Amador Díaz, tratando de baixar o tono e o tema dás discusións

A moción foi rexeitada por parte dos grupos que forman o grupo de goberno, coa intervención final de Amador Díaz, non como tenente alcalde, se non como Presidente dos pataqueiros, agradecendo o apoio da corporación as manifestación e sobre todo o apio de solicitar ás administracións un gasóleo profesional para os traballadores do campo.

No tocante as achegas Amador dixo que no caso dos agricultores e gandeiros, todas as administracións estaban apoiando o regadío, cuestión que non tiña discusión.

Todos estes momentos poden visionalos na seguinte dirección:

https://fb.watch/e6vvYpu212/

Toni, intervindo esta vez tamén telematicamente

Despois cos ánimos un pouco máis calmados pasouse aos rogos e preguntas, sendo a primeira por parte do PP, ao concelleiro de obras. Cando se abrirán as piscinas?. O concelleiro respostou que previsiblemente mañá venres. Onte comezouse a encher de auga a mesma e simplemente quedan as autorizacións de Sanidade. As obras retrasáronse por mor de varios subministros que non chegaron a tempo e polo tempo destas dúas semanas que impediu botar o formigón. Recordoulle ao Sr. Concelleiro que as obras de reforma adxudicáronse a empresa no mes de abril.