Volve o San Xoán a Xinzo

WhatsApp Image 2022-06-15 at 3.07.37 PM
Volve o San Xoán a Xinzo

Comeza este xoves 23 cunha cea popular, a partir das 20:30h, e remata o venres 24 cunha actuación do grupo Superstar.

Este ano, o San Xoán volve celebrarse con ganas de recuperar esta tradición despois da pandemia. A Asociación San Xoán, xunto coa Xunta de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Cultural O Bión, rescata o San Xoán no barrio do Polígono.

XOVES, 23 DE XUÑO.

A programación comeza cunha cea popular a partir das 20:30h da tarde. O día continuará cunha foliada coas Xeitosiñas de Baltar e gaiteiros do grupo, Cidade de Antioquía e máis adiante procederase a prender unha gran fogata e realizar a queimada.

Este xoves 23 de xuño, rematará cunha actuación de música Rap por artistas locais e coa Disco Móbil Ricky.

VENRES, 24 DE XUÑO

Por outra banda, o venres 24, comezarán os eventos a partir das 12:00 cunha misa e cun concerto da Escola de Música da Agrupación Musical da Limia.

Pola tarde, celebraranse varios campionatos e xogos. O campionato de Tute terá lugar ás 16:00h, cuxa inscrición realízase chamando ao 627781822. Unha hora máis tarde daráse comezo ao campionato de Futbolín, ao que tamén habería que anotarse no seguinte número de teléfono: 634857339. Ademais, nesta mesma hora os máis pequenos, terán abertos os hinchables para desfrutar da tarde.

Ás 18:00h da tarde iniciaránse os xogos populares da man da Asociación O Bión. Estes serán os xogos dos vintos e da chave. Neste caso, para inscribirse, deberáse mandar un correo ao enderezo sanxoanxinzo@gmail.com.

Por último, para rematar este día de San Xoán, actuará o grupo Superstar ás 20:00h.