A ANPA do CEIP Carlos Casares reúnese para enfocar as acción do novo curso

IMG-20170918-WA0008
A ANPA do CEIP Carlos Casares reúnese para enfocar as acción do novo curso

Seguirase na liña de colaboración coas outras ANPAs de Xinzo de Limia.

No día de hoxe, luns, tivo lugar a Asemblea Xeral a ANPA do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. Tras preto de dúas horas de reunión dos pais e nais dos alumnos, unha das máis destacables conclusións ás que chega seu voceiro, Manuel Pozo, é que "non só houbo moita máis xente" senon que "mmoitos estaban con ganas de axudar e colaborar coa asociación".

IMG-20170918-WA0007

Os pais e nais do CEIP Carlos Casares darán un carné de socios da ANPA.

Entre as medidas que se aprobaron para o novo curso destaca a impresión e reparto de carnés personalizados de socio para os membros da ANPA: Así mesmo, seguirase na liña de colaboración coas outras ANPAs de Xinzo de Limia para realizar accións conxuntas relacionadas coa mobilidade. Por último, Pozo destaca a decisión de organizaren algunha excursión para todos os socios.