Patricia F.S
29 de agosto de 2016, 14:32
O pavillón municipal pechou a comezos de agosto para que se acometeran nel os labores de limpeza e encerado da pista principal.
Estimábase que as instalacións volveran abrir a finais de mes pero as instalacións estaban en mal estado e foi preciso aumentar as horas de traballo.
Así as cousas a empresa encargada de por a punto a pista traballa arreo deixando o pavillón a punto para o seu uso.