Apoio publico é definitivo ao ESQUECEMENTO

entrega agasallos
Apoio publico é definitivo ao ESQUECEMENTO

Na maña do domingo, último día da festa do ESQUECEMENTO 2016 ó carón do museo do entroido fíxose un acto de entrega de agasallos por parte dos membros da directiva de Civitas Limicorum , organizadora da festa as persoas invitadas este ano e que coa súa sola presenza deron un apoio definitivo a nivel nacional a festa do ESQUECEMENTO.

Estiveron presentes o Presidente da Asociación nacional de festas e recreaccións artísticas, da que forma parte moi activa a asociación limiá e a Tenente de alcalde do Concello de Lugo, organizadora directa da festa \“Arde Lucus\”, os concelleiros de Cultura e Turismo, e o alcalde Antonio Pérez.

APOIO TOTAL INSTITUCIONAL A NIVEL AUTONÓMICO E NACIONAL

Mª Carmen Basadre (tte. Alcalde de Lugo) non solo agradeceu a invitación e o agasallo, se non que prometeu voltar a Xinzo, posto que quedara moi gratamente sorprendida polo pobo e as súas rúas se non tamén polo trato recibido.

Pola súa banda Antonio Madrid, presidente da asociación de festas nacionais devolveu o agasallo recibido en forma non solo de eloxios para esta festa se non para dar a coñecer aos novos membros da directiva da asociación na cal están dúas representantes da festa de Xinzo. Coa súa presenza aquí, e non noutra festa a cal tamén invitaran, quería dunha maneira firme apoiar definitivamente e sen paliativos o proceder desta festa, augurando un futuro moi bo.