APROBADAS AS ORDENANZAS DO CONSERVATORIO E DE TERRAZAS

panoramica pleno
APROBADAS AS ORDENANZAS DO CONSERVATORIO E DE TERRAZAS

Todos os alumnos de Xinzo terán praza e os demais ata onde chegue

Despois de varios puntos de puro trámite chegou o primeiro que de antemau aba a ter discusión política.

No punto 5 tratábase da aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora dos criterios de admisión de alumnos no conservatorio de Xinzo. Logo da lectura o alcalde deulle a palabra os membros da oposición na que todos estaban de acordo que o que se pretendía facer era un parche, que non ía a solucionar o problema, que non é nin máis nin menos que o Concello non pode contratar a ninguén por mor do Plan de Axuste.

Os membros da oposición deron os seus argumentos, dende a universalidade da educación, de balde e de que este é un problema que ten que solucionar a Xunta de Galicia, e que tamén estaban todos de acordo en que o final, quen o vai a solucionar, igual que o ano pasado será a Deputación.

O Alcalde respostou a todos dicindo primeiramente que a norma de Non contratación e unha lei que afecta a tódolos concellos de España, non solo a Xinzo.

Como segundo argumento, os estudos de Conservatorio, non son ensinanza obrigatoria e o conservatorio de Xinzo, que recórdolle que lle custa ós veciños do concello 240.000 € /ano, máis a matrícula que paga cada alumno, non ten por que acoller a alumnos de outros concellos e moito menos a alumnos de ata Portugal. Efectivamente está de acordo en que a Xunta deberíase facer cargo, pero non é así.

Tamén lle solicitou o membro do BNG, deputado provincial, que se acorde cando teña que votar a axuda para o conservatorio, si fose necesaria, vote que si, non como fixo a deputada do PSOE o ano pasado que votou en contra.Neste caso Elvira Lama respostoulle que ela votara en contra porque a subvención ía dentro dun paquete de moitas, cas que o seu grupo non estaba de acordo.

Tamén rexeitou a proposta do PSOE de deixar a proposta porriba da mesa, posto que desta maneira este ano non habería posibilidade de matricular a ninguén. Solicitou o alcalde que falen cos concellos de onde veñen os alumnos, Verín e Montalegre, Socialistas, para que colaboren con eses alumnos achegando unha cantidade para a súa subsistencia, e si non que lle reclamen nos seus concellos un conservatorio.

Aprobouse cos votos do grupo de goberno aseverando o alcalde que este ano todos os alumnos de Xinzo terán praza e as sobrantes ata que se chegue a ratio alumno/profesor, para os demais e os que quen fora, que será problema dos seus concellos.