Aprobados todos os puntos por unanimidade

Pleno 09.09.22
Aprobados todos os puntos por unanimidade

Todos os membros da corporación municipal votaron no mesmo sentido, incluso no punto que trataba o informe de reparo de intervención.

Esta podería ser a conclusión dun pleno tedioso, cheo de datos, no que ata os propios intervintes daban datos confusos, froito dos nervios do debate. Onde eran 6.000 dicían 6 millóns e viceversa.

O punto que se esperaba que fose moi debatido era o do INFORME DE REPARO DE LEGALIDADE, feito ao grupo de goberno polos servicios de intervención do concello respecto a un grupo de facturas que suman 160.000 €, sendo 100.000 a consumo de gas na piscina climatizada e en diversos edificios municipais. A intervención emitiu o informe de reparo por non haber reserva de crédito nas partidas correspondentes, polo que indica que non se poden pagar ata que exista crédito, para que entendamos todos, ata que haxa cartos nesas partidas, que terán que vir, no seu día de outras partidas orzamentarias que teñan superávit.

Cada día aumentan os concelleiros "Virtuais"

Neste punto interviron Montse Lama e Toni, cunha argumentación similar na que acusaron aos membros do goberno de estar a facer mal as cousas, e dunha maneira prepotente, e por iso o informe, incidindo máis Toni na figura do concelleiro de facenda Pérez Campos, como concelleiro responsable da área económica e da que cobra unha media dedicación.

Este defendeuse con un relatorio de todas as festas e feiras organizadas este ano, autocalificando a acción do grupo de goberno como de “sobresaínte”, ano , no que veu xente a Xinzo máis que nunca, e o gasto na hostalería e comercio aumentou exponencialmente con respecto ao ano 19.

Nas réplicas tanto Montse como Toni afearon as declaracións do concelleiro que se apropiou dos éxitos de todo o que se fixo do Entroido en adiante ata ALIMAGRO, para recordarlle que os éxitos, que si os houbo foron por mor da dedicación dos que están a fronte das comisións respectivas e das asociacións incluído a de ALIMAGRO que foi do concelleiro Amador Díaz.

Elvira Lama, respostou ao final aos dous concelleiros da oposición de que ela acataba, como non podía ser doutra maneira o informe, aínda que non compartía o análise que se facía da situación dende os servicios de Intervención.

Foi repasando polo miúdo algunhas das facturas entre as que destacaban as de Gas ciudad por valor de máis de 100.000 €, do cal non tiñan culpa o goberno das subidas. Das outras explicou algunha delas, que forman parte do resto dos cartos pendentes, asegurando que segundo vai habendo recursos se iran pagando, como non podía ser doutra maneira.

Aprobáronse tamén os dous días festivos locais para o ano que ven, que serán o martes de Entroido e 18 de xullo, día da patroa.