Arde unha casa en Xinzo por mor dun lume descontrolado

lume
Arde unha casa en Xinzo por mor dun lume descontrolado

Un veciño de Xinzo estaba facendo lume na súa vivenda situada na rúa Serra de Queixa pasadas as 15h da tarde. O home despistouse e as lapas foron a máis extendéndose pola parte traseira do inmoble.Os bombeiros de Xinzo procederon a apagar o incendio aínda que as labores de extinción complicáronse pola altura das lapas.

casas

O dono da casa acumulaba no seu interior multitude de maquinaria e obxectos de todo tipo co cal o lume prendeu con facilidade.

Como consecuencia dos feitos ardeu a parte traseira da casa sen que se vise afectada o resto da vivenda. O home sufriu un ataque de nervios ó ver que non o deixaban entrar no interior do seu inmoble.