Arrancou a “renovada” comisión organizadora do Entroido 2016

Comisión entroido 2016
Arrancou a “renovada” comisión organizadora do Entroido 2016

Do escepticismo inicial a concordia case total nos plantexamentos

Do escepticismo inicial a concordia case total nos plantexamentos
Onte quedou constituída coa incorporación de tódolos aqueles que quixeron estar presentes a \“renovada\” asociación TROULA DE FESTA, encargada da organización, en principio e xa case sen tempo dos festexos do Entroido 2016.

IMG_0218Despois de constituírse con aqueles que optaron por pertencer voluntariamente a mesma acordaron o por en marcha o mecanismo que comeza coa convocatoria pública do deseño do cartel do Entroido 2016.
O próximo martes sairá a convocatoria, para que nos trinta días seguintes os artistas presenten os seus traballos.
Para a semana que ven, quedaron outros temas, mais de \“filosofía\” e definición por parte dos membros da asociación de si Xinzo quere un ENTROIDO ou un CARBAVAL.
Outro dos puntos máis problemáticos cos que se ten que enfrontar a nova comisión, será a implicación do sector hostaleiro, ata agora \“pouco colaborador\”, segundo indican os máis veteranos.