sábado. 03.06.2023
Os comercios da Feira

Talleres da man de Arte Arrebol na Feira do Comercio

Arte Arrebol impartirá talleres de barro nas xornadas da Feira do Comercio
Stand "Arte Arrebol"
Stand "Arte Arrebol"

Arte Arrebol tamén estará presente na Feira do Comercio coas súas pezas artesanais. Durante os días de feira realizaranse nestas xornadas talleres de barro

Este comercio ben coñecido en Xinzo non podía faltar nesta feira a prol do comercio local e nesta xornada espérase dar a coñecer os novos obradoiros da máscara da Pantalla en setembro. Aurora comenta que co entroido hai traballo durante todo o ano e agardan nestes próximos obradoiros a participación de arredor dunha trintena de persoas.