A asociación de teatro Aneis comeza unha xira de actuacións polos centros educativos de Xinzo

Teatro aneis 2
A asociación de teatro Aneis comeza unha xira de actuacións polos centros educativos de Xinzo

O teatro da Limia sube o telón e achégase ata os centros educativos de primaria e secundaria da vila de Xinzo. Durante catro días representarán catro funcións para o estudantado.

A xira de espectáculos deu comezo o martes 14 no IES Cidade de Antioquía. A seguinte posta en escena terá lugar o venres 17 ás 12h no IES Lagoa de Antela.

A quenda para os de primaria será o día 21 ás 12h no CEIP Rosalía de Castro e o 22 ás 12h no CEIP Carlos Casares.

A iniciativa xurdiu da propia asociación que loita por manter o teatro na Limia, pese a non contar co apoio económico do Concello motivo polo que máis de 50 persoas estiveron a piques de quedar sen as súas clases de interpretación. Antes estes feitos foron os propios pais, nais e alumnado quenes asumiron a labor de sacar adiante o teatro Aneis que tantos anos de historia ten en Xinzo e para o que contaron coa colaboración de diversos socios e socias da contorna.

Co fin de organizar esta xira teatral contaron coa colaboración da Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude e a Deputación de Ourense.