Catro anos de cárcere por atropelar a un policía de Xinzo

Catro anos de cárcere por atropelar a un policía de Xinzo
Para Benito A.J., tras atropelar presuntamente a un axente da Policía Local en 2020.

O luns, Benito A.J. acudiu ao Xudgado de Ourense para responder por uns feitos sudedidos en febreiro de 2020. Ese ano, o acusado, conducía bastante rápido e de maneira temeraria pola rúa de Marcelo Macías, polo que se iniciou unha persecución. A Policía Local tentou seguilo, porque non se detiña ante as sinais dos axentes. Despois de varios intentos interceptáronno.

Nese momento, un dos axentes baixara do coche para identificalo e o sospeitoso deu marcha atrás. Así, tirou ao chan ao policía e tentou huir outra vez, cousa que non o logrou porque chocou contra as vallas da rúa.

O axente sufriu varias lesións nas pernas e dor en varias partes do seu corpo. Polo que no xuízo deste luns, impuxéronselle catro anos de cárcere e tres meses de privación de liberdade por delitos de condución temeraria e atentado.

Desde o Concello de Xinzo reclamáronse 672 euros que é o que costa o uniforme do axente ferido. Finalmente, a xuíz determinou que se abonaría ese diñeiro en compensación dos danos causados.