O auditorio da Casa de Cultura quedouse pequeno

Presentación libro Miro 1
O auditorio da Casa de Cultura quedouse pequeno

Manuel Mandianes, Antón Riveiro e Manolo Seoane, foron os encargados da presentación, tanto do autor como da súa última obra

O venres pola tarde noite, o auditorio da Casa de Cultura de Xinzo, fíxose pequeno para acoller a tódolos amigos e veciños que se acercaron para a presentación do último libro de Edelmiro Martínez \“Miro\”, o cal recolle 30 artigos que fan un repaso da historia de Xinzo. Aspectos da vida da xente da Limia que van dende o século XVIII ata os anos 50 e 60.

Entre os contidos podemos atopar situacións como a chegada da luz á vila, a construción da igrexa nova, a historia do fútbol dende 1919 ou o nacemento da radio "Ginzo-La voz de la Limia".

Presentación libro Miro4

MOITAS FIRMAS E MOITA FESTA

Unha vez rematada a presentación e ata a actuación da coral AIMIL FOLK, que pechou o acto, moitos foron os que fixeron \“cola\”, para que o autor lle dedicara o seu exemplar.

Pasouse logo a celebración mais festiva onde non faltou o viño e outra vez os cantes e as gaitas.

Todas as fotos pertencen a Miro e Diana Castro