A Festa do Esquecemento prepara os últimos detalles para a súa apertura

A Festa do Esquecemento prepara os últimos detalles para a súa apertura
O Concello de Xinzo avanza as medidas de seguridade, o campamento castrexo-romano vai tomando forma e o río Limia encóntrase en labores de limpeza para a representación do cruce do río Lethes

O Concello de Xinzo avanza as medidas de seguridade para a Festa do Esquecemento, establecendo un dispositivo no que participará a Policía Local, cun despregue maior ao habitual; a Garda Civil; Tráfico e Protección Civil, a maiores dos servizos sanitarios de emerxencia.

undefined
Xunta de seguridade para a Festa do Esquecemento 2022

Segundo o concello "A Festa do Esquecemento recuperará os seus actos multitudinarios despois do parón pola pandemia" polo que establecer as medidas de seguridade é o "primordial".

Ademáis tamén insiste en que se instalarán puntos violetas para evitar agresións ás mulleres durante os festexos, que comezarán o venres e prolongaranse durante toda a fin de semana.

Comeza a montaxe do campamento castrexo-romano e a limpeza do río Limia

Os traballos xa comezaron durante a semana ca montaxe do campamento castrexo-romano, que contará con 40 grupos participantes. Tamén a Cofederación Hidrográfica Miño-Sil, a través de Tragsa, realiza actuacións de limpeza para a tradicional representación do cruce do río Lethes.