Avanza o Plan de Igualdade participativo de Xinzo de Limia

Avanza o Plan de Igualdade participativo de Xinzo de Limia
Mañá, venres, 1 de xullo, haberá unha reunión de traballo para continuar na súa elaboración

O Plan de Igualdade participativo de Xinzo de Limia pon o foco nun problema social tan relevante como é a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Este é o primeiro que se realiza con participación da cidadanía e que arrancou cunha enquisa dirixida a toda ela.

Para mañá, venres, 1 de xullo, convocouse unha reunión de traballo para avanzar na súa elaboración. Terá lugar no Salón de plenos da Casa Consistorial de Xinzo de Limia, ás 17:00 horas.

A esta reunión asistirán: a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, as persoas expertas que están elaborando o Plan así como representantes de diferentes organizacións de mulleres, ANPAs, profesionais de diversos sectores, asociacións sindicais, económicas, deportivas, culturais, veciñais así como representantes de partidos políticos con representación municipal.