A banda B de gaitas campioa do seu grupo en Manzaneda

IMG-20180729-WA0007
A banda B de gaitas campioa do seu grupo en Manzaneda

NON PODEN ASCENDER DE CATEGORÍA

Fernando Dopico director da banda, comenta que o problema que ten a banda B e que non pode ascender de categoría, posto que a banda A, titular, sempre está na categoría primeira. Xa ocorreu o mesmo en dúas ocasións máis. É unha pena, pero así son as normas.

DIFICULTADES POLA ALTURA

IMG-20180729-WA0001

Os rapaces estaban moi nerviosos dende onte a noite, pero hoxe tocaron como auténticos profesionais. O director comenta que pola altura física de Cabeza de Manzaneda, hai moitas dificultades para a afinación, pero é un problema que temos todos os grupos que participan.

A banda de Xinzo está composta por 30 rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, sendo a media de 11.

Dopico quere mostrar o seu agradecemento persoal e en nome de todos os compoñentes da banda, aos país, familiares e o propio Concello de Xinzo, pola aposta que fai durante todo o ano a música.

Ata Manzaneda trasladouse coa comitiva o concelleiro de Cultura Carlos Gómez, que en todo momento estivo apoiando a expedición de Xinzo formada non solo polos músicos, se non tamén por un nutrido número de acompañantes.

VARIAS PEZAS ENLAZADAS

IMG-20180729-WA0006No concurso, segundo nos indica o seu director, cada banda ten que interpretar varias pezas enlazadas. Neste caso comezaron coa “Arros” para continuar con “A estornela”; “Danza das cunchas” continuando con dúas foliadas a de “Ferrol” e a de S.Tirso, para rematar con “La Boum"