A Banda B de Xinzo repite 1º posto
15:25 30/07/23
15:25 30/07/23
Lara Sotelo mellor gaiteira de menos de 18 anos
A Banda B de Xinzo, desprazouse esta mañá ata o cumio de Galicia para disputar o Certame Celtibérico de bandas de Gaitas que todos os anos se celebra nestas datas en Manzaneda e nada máis baixarse do autobús, foi a segunda banda en actuar, entrou no campo do campionato e proclamouse campioa, repetindo así o posto acadado na última edición celebrada en Xinzo.
Pero non quedou aquí a cousa para a participación limiá, posto que no apartado de solistas participaba a moza Lara Sotelo, que tamén acadou o primeiro posto.

Nestes momentos supoñemos que a viaxe de volta será unha festa.
Parabéns a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo!.