Do 23 ao 25 do presente mes de xuño, os membros da Banda de Gaitas de Xinzo, viaxará ata Granada para participar no festival CELTASUR. A actuación será o sábado 24 ás 21:00.
O pobo onde se celebrará este festival é Cúllar Vega.

AIRES CELTAS, CONCELLO E DEPUTACIÓN
A produción do festival corre a cargo do persoal de AIRES CELTAS(programa de radio), mentres que a financiación correrá a cargo do concello de Cúllar Vega e a Deputación de Granada.
O sábado pola mañá a banda fará un desfile na cidade de Granada, por diante do concello para trasladarse despois ao pobo de Cúllar onde darán un concerto ás 21:00.
O Concello de Xinzo de Limia, nesta ocasión financiara o traslado dos compoñentes da banda ata Granada para poder participar no festival.