A bandeira oficial de Xinzo de Lima xa ondea no balcón da consistorial

bandeira 2
A bandeira oficial de Xinzo de Lima xa ondea no balcón da consistorial

Tamén será utilizada pola Banda de Gaitas

A bandeira oficial de Xinzo de Lima xa ondea no balcón da consistorial, na Alcaldía e no salón de plenos. Ademais, a partir de agora estará presente en todos os actos institucionais e será utilizada pola Banda de Gaitas nos seus desprazamentos.

Bandeira 1

O escudo foi aprobado o 10 de outubro de 2019, cando apareceu publicado no Diario Oficial de Galicia, pero debido á pandemia e algún erro na súa confección, as bandeiras non chegaron ao Concello ata agora.