19 de junio de 2022, 21:52
Baronzás presume, e por algo será de ser a “cuna” dos gaiteiros da Limia. Fai uns anos que un grupo de veciños e veciñas comezaron a recuperar a festa, para convertela nunha romaría musical e tradicional.
Este ano foron moitos os grupos de gaiteiros que se achegaron ata o pobo para participar activamente da festa durante toda a tarde e o que quede, ata que o corpo aguante.
Lirolailo de Xinzo e As bruxas de Xinzo, Xeitosiñas de Baltar Brañas, pai e filla entre outros e Airiños de Antela puxeron durante toda a tarde a música para danzar.


