As beirarrúas do colexio Carlos Casares de Xinzo estarán rematadas a final de mes

rua
As beirarrúas do colexio Carlos Casares de Xinzo estarán rematadas a final de mes

As obras para remodelar a zona de acceso á escola Carlos Casares comezaron a principios desta semana coincidindo co inicio do curso escolar. Os traballos consisten en ampliar as beirarrúas ata que alcancen os 2 metros de ancho, o dobre que ata agora.

Con motivo das obras a rúa permanece cortada no tramo por onde se sitúa o colexio agás para as persoas residentes na zona.

Os traballos estímanse que terán unha duración de 15 días polo que a finais de mes estarán rematados.

Esta remodelación era unha vella demanda de familiares dos nenos e nenas que cada día acuden ó C.E.I.P Carlos Casares. As beirarrúas eran moi estreitas e á hora de subir os autobuses xurdían os problemas e moitos deles mesmo saían á estrada por falta de espacio, co riso que isto supón polo paso dos vehículos.

Outro dos cambios que vai sufrir esta rúa é que se vai converter nunha de dirección única. Dende o Concello aínda están agardando o informe da Policía Local para determinar por onde vai quedar a entrada e saída da rúa.