Qué ben sabe a pataca da Limia!

IMG-8758
Qué ben sabe a pataca da Limia!
A IXP pretende producir semente certificada en Galicia

Pratos e pratos que voaban de mesa cunha temática común: a pataca. Este tubérculo converteuse, por unhas horas, no protagonista dunha sesión de degustación da Pataca da Limia con denominación de orixe da IXP que foi celebrada no Hotel Xinzo que non é a primeira vez que da vida aos seus pratos empregando dito produto. Á cita asistiron os agricultores e as agricultoras de Xinzo para probar en forma de ensaladilla, buñuelos, tortilla... os froitos das primeiras colleitas do ano a falta de 15 días para comezar a campaña do inicio de la colleita 2019-2020 da pataca con selo denominación de Indicación Xeográfica Protexida.

O presidente do Consello Regulador, Guillermo Budiño, di que están a traballar ou experimentar para producir semente certificada en Galicia como xa fan País Vasco, Navarra, Castela e León ou Cantabria, ‘’Galicia non produce pataca de semente certificada e como é tan consumidora de pataca certificada o que fixemos foi intentar ensaiar e producir semente certificada’’. Deste xeito, coa axuda do Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario Neiker Tecnalia comezaron saneando a pataca de variedade Fina de Carballo e Agria e posteriormente procederon a sementalas, conseguindo polo de agora unha prebase que, segundo afirma o propio presidente, é de moita calidade. ‘’Estas son de plan experimental, pero o ano que ven haberá unha segunda fase de ensaio, pero xa en gran cultivo na zona de en Bergantiños e na Limia principalmente’’. Estas dúas variedades uniranse a Kennebec que actualmente é a máis demandada da zona, pero cuxa calidade vese superada polos novos tipos. En canto ás súas características a Fina de Carballo é una variedade de pataca de carne branca que ten un ciclo moi prolongado de produción, polo que só se axusta á súa comarca de procedencia. Por outra banda a Agria presenta unha carne amarela, idónea para fritir.

IMG-8754

En canto á colleita deste ano afirma que a pataca seguiu o seu proceso normal de maduración grazas á un clima suave cunhas precipitacións pouco abundantes. Así mesmo, este ano produciuse una aumento do número de hectáreas destinadas ao cultivo de pataca da Limia, pero dito aumento non está acompañado por unha suba nos prezos, ‘’a pesar do aumento da produción o prezo non se altera xa que a maioría dos socios teñen un contrato firmado’’.

Na degustación tamén tivo acollida a tecnoloxía dando a coñecer unha aplicación móbil gratuíta chamada Osigris que está dirixida a os pequenos e medianos agricultores que a través da colaboración interna permite mellorar a produtividade e abaratar custos. Mediante a dixitalización dos datos dos cultivos permítense unha xestión en tempo real e eficiente da información referida a enfermidades, tratamentos, fertilizantes e crecemento.