Unha bendición dos Ramos, con toda normalidade
13:36 10/04/22
13:36 10/04/22
A igrexa Nova quedouse pequena para recibir a todos os fieis
Ameazando chuvia e sen saír o sol o adro da igrexa Vella encheuse de fieis que ben solos e a maioría en familia se achegaron xunto cos máis pequenos da casa para a bendición dos Ramos.

A imaxe volveu a ser similar a de fai tres anos. A procesión transcorreu dende a igrexa Vella a Nova, polas rúas do casco antigo e esta última volvía a “lucir” un cheo como nas grandes celebracións litúrxicas.






