O bispo de Ourense presidiu a misa de celebración do aniversario da igrexa nova

IMG_9869
O bispo de Ourense presidiu a misa de celebración do aniversario da igrexa nova

50 anos de nada ,na idade dunha igrexa, cumpriu onte a de Sta. Mariña

Cunha igrexa repleta, como é costume en todas aquelas celebracións importantes, e esta érao, o Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo presidiu unha misa concelebrada cos dous curas que atenden a parroquia, D.Tomas e D. Jaime, acompañados no altar maior de outros párrocos entre os que se atopaba o impulsor da construción no ano 1960 D. Benigno Moure . Un lugar privilexiado no altar foi gardado para o Frade Martín, boticario do Vaticano cós 4 últimos Papas e veciño de Trasmiras, que como recordou o párroco titular no momento dos agradecementos, cando as expedicións de Xinzo se achegan a Roma, na visita o Vaticano ábrense as portas despois de que el diga que todos son familiares seus.

IMG_9850CORPORACIÓN E OPOSICIÓN

En lugar destacado atopábanse tamén os membros do goberno municipal encabezados polo alcalde, xunto con membros da oposición, aínda que de dous grupos non se atopaba ningún membro. Tamén en representación das forzas de seguridade se atopaba, con uniforme de gala o Xefe da Policía Local Germán .

A homilía fíxoa o Sr. Bispo de Ourense agradecendo a presenza primeiro dos curas e das autoridades presentes, e despois a todos os ferigreses que estaban presentes. Recordou a todos aqueles que co seu esforzo fixeron que unha obra coma a da igrexa da que hoxe se conmemoraba o 50 aniversario, se fixera naquela época , entre eles a D. Benigno Moure, presente na concelebración.