lunes. 25.09.2023

O voceiro municipal do Bng, Camilo Vila, vén de rexistrar a que será a primeira moción do grupo tras estudar o proxecto de instalación dun megaproxecto eólico que afectará a Trandeiras, Pena, Pidre, Solveira e Piñeira Seca entre outros lugares dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Laza ou Cualedro.

Vila advirte: “queren poñer 18 muíños de 240 metros sen poder garantir que non nos van afectar á xente que vivimos aquí”. Continúa a súa argumentación explicando que “son empresas privadas que queren chegar, encher e deixarnos a nós cos problemas de saúde, de que as nosas terras baixen o seu valor e de que perdamos auga e patrimonio pola súa ambición”.

A moción do Bng pretende conseguir frear o avance o proxecto mentres non se contraste tamén coa propia veciñanza como principal afectada será sometida a votación no próximo pleno, o luns 18 de setembro.

Por último, Camilo Vila apunta cara a necesidade de crear un novo Plan Estratéxico Eólico de Galicia xa que o actual é de 1997 e tamén cara a urxencia dunha tarifa eléctrica galega que obrigue ás empresas a discriminar positivamente a quen máis se prexudica polos parques eólicos.