lunes. 25.09.2023

O grupo municipal do Bng quere facer pública a súa disconformidade pola decisición de que se difundan exclusivamente en castelán os programa da feira do sector primario segundo a información que se manexa no momento da inauguración da mesma. Ó longo da semana xa se lle fixo esta recomendación ó grupo de Goberno a nivel interno, sendo desatendida.

O voceiro municipal, Camilo Vila,  defende que "e un desprezo inxustificable polo idioma propio ademais dun incumprimento do deber legal das Administracións públicas territoriais de defender e promocionar o galego polo que instamos ó Concello á corrección inmediata deste desagravio que discrimina a lingua falada polo 90% das persoas da comarca".