BNG: "Se Antonio Pérez non marcha polo seu propio pé, Baltar terá que tomar cartas no asunto"

BNG: "Se Antonio Pérez non marcha polo seu propio pé, Baltar terá que tomar cartas no asunto"

A oposición nacionalista pide a dimisión do alcalde limiao ante a súa situación xudicial REDACCIÓN Así están as cousas no Concello de Xinzo,...

A oposición nacionalista pide a dimisión do alcalde limiao ante a súa situación xudicial

REDACCIÓN

Así están as cousas no Concello de Xinzo, despois de que ao longo destas semanas se fose coñecendo a delicada situación xudicial do rexedor popular. Antonio Pérez enfróntase polo momento a tres sentencias condenatorias por irregularidades na contratación de persoal, polas que están ademais a ser investigado por un delito de prevaricación. Con este panorama, os membros do BNG esixen a dimisión de Pérez tanto do seu cargo de alcalde da vila limiá como da súa acta de deputado provincial.

Ramiro Pérez, voceiro do grupo nacionalista en Xinzo e Xaime Iglesias, o seu colega de partido no órgano provincial argumentaron esta semana en roda de prensa a súa petición: "non pode estar no goberno unha persoa que incumple sistematicamente á normativa". E avisan de que se Pérez non toma por si mesmo a decisión de retirarse da escena, pedirán no pleno reste mes do consistorio limiao que "o presidente do PP provincial de da Deputación Provincial, Manuel Baltar, o cese fulminantemente".