"Un bo colar sempre fai falta no armario"

Stand "Las Marías Concept Store"
"Un bo colar sempre fai falta no armario"
Las Marías Concept Store, unha tenda adicada ao regalo e decoración

Las Marías Concept Store únese á Feira do Comercio expoñendo produtos de bisutería, decoración e bolsos e produtos para nenos.

Comenta Eva que produto que máis chama a atención é a bisutería e que na Feira anterior tamén foi o que máis éxito tivo de cara ao cliente, "un bo colar sempre che fai falta no armario". Con esta feira é o segundo ano que participan porque destaca Eva que na anterior funcionáralles moi ben para atraer novos clientes e como experiencia.