COMEZARON AS FESTAS DE SANTA MARIÑA 2018

IMG-20180718-WA0000
COMEZARON AS FESTAS DE SANTA MARIÑA 2018

Moita xente achegouse onte ata a Alameda do Toural para ver a orquesta Olympus

Onte comezou a programación das Festas de Santa Mariña 2018 coa actuación da orquesta Olympus, a cal non deixou indiferente a ninguén. Xa no primeiro pase das 21:30h había bastante xente, pero co paso do tempo foi chegando máis e na verbena logo da 01:00h da noite a Alameda do Toural estaba ateigada.

IMG-20180717-WA0013

A orquesta interpretou cancións actuais e antigas, para que os máis novos e para os non tan novos bailaran e desfrutasen deste comezo de Festas que arrancan con moi bo pé.