A "cabalgata de reis" será estática e dentro do pavillón de deportes

Pavillón Xinzo
A "cabalgata de reis" será estática e dentro do pavillón de deportes
Os nenos e nenas poderán compartir os seus desexos cos Magos de Oriente mantendo a distancia de seguridade

A cabalgata de Reis de Xinzo de Limia será estática para garantir as medidas de seguridade sanitaria. A incidencia do covid-19 na vila e en toda Galicia obrigou ao Concello a establecer un plan B que permitirá manter a ilusión dos pequenos minimizando ao máximo o risco de contaxios. Así, os Magos de Oriente recibirán aos nenos no pavillón municipal de deportes a partir das 18.00 horas.

Establecerase un control de entrada para evitar as aglomeracións e os adultos deberán presentar o certificado de vacinaciónnas poderán compartir os seus desexos cos Magos de Oriente mantendo a distancia de seguridade

Aínda que nun primeiro momento pensouse nun percorrido tradicional polas rúas co pavillón de deportes como punto de partida da cabalgata, finalmente o executivo local apostou por esta fórmula que permitirá evitar as aglomeracións ao mesmo tempo que mantén viva a emoción dos máis pequenos da casa.