O percorrido da vía da Prata pola provincia, contrólase e estúdiase dende Xinzo

Mintoute, Inés, Filip e Agrita co coordinador e interprete Ricardo Sieiro
O percorrido da vía da Prata pola provincia, contrólase e estúdiase dende Xinzo

"Cada vez a Vía da Prata está menos transitada"

No comezo deste mes de xullo, chegaron a Galicia, da man do proxecto XacobeAndo, voluntarios de varios países como Lituania, Estonia, Portugal, Eslovaquia, Grecia, Italia o Letonia; así como doutros lugares de España.

IMG-20220720-WA0013
Inés, Mintoute, Agrita e Filip

Este voluntariado consiste na colaboración en accións de conservación e difusión das rutas de peregrinación a Santiago. Xinzo é un dos lugares de paso da Vía da Prata polo que chegaron voluntarios de Letonia, Lituania, Eslovaquia e Madrid.

En definitiva, inténtase dar a coñecer o camiño e buscar puntos conflitivos para a realización do camiño por falta de coidados ou accesibilidade

Este proxecto organízase a través de CES, o Corpo Europeo de Solidariedade, e existe en todos os países de Europa. Axuda aos mozos a participar en proxectos comunitarios tanto no seu propio país como no estranxeiro.

Paixón pola natureza e polo Camiño

Os voluntarios situados en Xinzo para desenvolver estas tarefas son Inés, de Madrid; Filip, de Eslovaquia; Mintoute, de Lituania; e Agrita de Letonia. Todos eles coinciden neste proxecto da Xunta polo seu interese no camiño e na natureza. Chegaron a Santiago de Compostela o 1 de xullo, alí, formáronse durante catro días no Centro Superior de Hostalería. Finalmente, o día 4 pola tarde foi cando se traladaron a Xinzo.

No caso dos 3 voluntarios estranxeiros, comentan que botan de menos o seu país pero que actualmente, encontranse a gusto no entorno da Limia.

Mintoute, é unha apaixonada a camiñar e di que a peor parte para ela, non é tanto estar fóra, senón o non comunicarse, xa que ao non entender español ten dificultades manter contacto e relacionarse coa xente.

Agrita por outra banda, comenta que ela agradece o esforzo da xente por facerse entender en inglés pese a non saber falalo e que é algo que se valora moi positivamente.

Por último, falando con Filip, el di que lle sorprendeu Xinzo pola cantidade de tendas, comercios e servizos que hai para ser unha aldea pequena e que lle gustaron tamén as festas que se organizaron a pasada fin de semana.

Os labores dos voluntarios pola Vía da Prata

IMG-20220720-WA0019

Estas mozas e mozos teñen como labor principal a difusión desta ruta do Camiño e a súa mellora de servizos para os peregrinos. Nestas actividades percorren un tramo do camiño día si e día non, así, nestas xornadas preguntan a peregrinos e albergues por posibles incidencias nos camiños ou necesidades dalgúns servizos. Tamén contribúen a recollidas de lixo.

Os voluntarios do XacobeAndo pese a situarse en Xinzo, son encargados da Vía da Prata e dos percorridos ata Ourense, así que pasan polas dúas variantes da Vía e poden moverse buscando as zonas onde se necesitan actuacións de mellora. Nos percorridos encontráronse con que:

"Cada vez a Vía da Prata está menos transitada, os peregrinos prefiren a portuguesa ou a francesa" comenta Inés

A resposta que atopan á disminución de tránsito pola Vía da Prata encóntrase na ausencia de servizos.

Consideramos que é unha zona con poucos servizos e camiños moi longos sen ningún punto de servizo polo medio. Non se pode parar nun punto intermedio, non hai onde beber nada, onde parar a comer...

Entre Verín e Vilar de Rei, uns 35km sen descanso

IMG-20220720-WA0012

Según comenta o monitor do programa en Xinzo, entre Verín e Vilar de Rei non hai nada, un bar onde parar, unha aldea ou lugar para descansar...Daquela hai uns 35 km nos que non hai nada.

Nun dos tramos nos que traballaron, en Vilar de Barrio, falaron cuns peregrinos, de Canadá, de Finlandia e españois que tiñan estas mesmas necesidades. Queixábanse de etapas moi longas e da falta de servizos. Aínda así, Vilar de Barrio, recibe máis peregrinos que Xinzo.

A Limia é moi árida, se non se poñen servizos intermedios é insufrible sobre todo ao mediodía, e isto hai que melloralo.

A importancia da percepción da persoa estranxeira

Neste proxecto, valórase a visión externa. Esta percepción é importante porque a xente de fóra que vive en diferentes entornos, pode localizar ou recomendar cousas a mellorar que para a xente de Galicia pode non resultar tan rechamante.