Cambios na corporación de Xinzo

Montse Lama 4
Cambios na corporación de Xinzo
Me voy al grupo de Montse Lama , manifesta a propia Montse Lama

Montse Lama abandona o partido polo que se presentou a alcaldía de Xinzo fai escasos dous anos.

Dende esta mesma mañá Montse Lama Ex do PP xa é agora Ex de Ciudadanos.

Espérase que ás 12 horas de hoxe explique este novo cambio de partido, para inscribirse, polo menos no concello de Xinzo, no grupo de non adscritos que ela mesma denominou , el grupo de Montse Lama.

Isto significará que os partidos que conforman o goberno de Xinzo agás o PSOE, terán que nomear outro portavoz.

A nivel do concello de Xinzo, non ten máis percorrido que un cambio de adscrición. Non influirá para nada na gobernabilidade municipal, que cada día parece que está máis cohexionada.

ROLDA DE PRENSA ÁS 12

Montse acaba de convocar unha rolda de prensa telemática na que informará dos cambios e suponse que das súas intencións futuras, que pasan por apoiar ao PP na Deputación ou ven ao PSOE tamén na Deputación.