Chega o verán, e con el os Campus

Campus
Chega o verán, e con el os Campus
Uns 300 nenos e nenas participarán nas próximas semanas nos distintos Campus de verán.

Comezaron esta semana algúns dos Campus que organiza o Concello de Xinzo de Limia, en colaboración cos clubes e escolas deportivas. Os deportes máis destacados son o fútbol, o baloncesto e a ximnasia.

PARTICIPACIÓN.

Preto de 80 cativos reúnense nas instalacións municipais da Moreira e no campo José Antonio Fernández para unha nova edición do Campus de Tecnificación de Fútbol. Síguenlle en número, os de Baloncesto (55 participantes) e Ximnasia (16 participantes).

Ademais, hai que sumar aos máis dun cento de nenas e nenos que participarán no Campus de Verán a partir da próxima semana. O horario será de 10.00 a 13.30, coa opción Madruga.

En total, serán uns 300 os cativos que se beneficiarán nas próximas semanas destes Campus de Verán. As actividades deportivas pensadas para os máis novos seguirán sucedéndose en agosto. Do 1 ao 5 programouse o Campus de Verán Fundación Celta e o Campus Salva Arco de baloncesto, do 30 de xullo ao 6 de agosto.

Campus de Baloncesto A.B. Xinzo 2022

CALENDARIO:

  • VIII Campus de Tecnificación Fútbol: do 27 de xuño ao 1 de xullo. E.D.C. Xinzo.
  • Campus de Baloncesto A.B. Xinzo: do 27 de xuño ao 1 de xullo. A.B.Xinzo
  • Campus de Ximnasia: do 27 de xuño ao 1 de xullo. E.D.C. Xinzo.
  • Campus 2022: Do 4 ao 29 de xullo. E.D.C. Xinzo.
  • XinzoFit: Comeza o 28 de xuño. Alameda do Toural.
  • Torneo de Fútbol 7: 16 de 17 de xullo. E.D.C. Xinzo.
  • Torneo de Pádel Infantil: 18 e 19 de xuño. E.D.C. Xinzo.
  • Torneo de Pádel Sénior: 9 e 10 de xullo. E.D.C.Xinzo.
  • Torneo de Baloncesto 3x3: Mes de xullo. A.B. Xinzo.
  • Campus de Verán Fundación Celta: Do 1 ao 5 de agosto.
  • Andaina Vila de Xinzo: 24 de xuño. Club de Montaña 4 Torres.
  • O.C.R. Xinzo de Limia: Setembro. Fusion Fitness.
  • Campus Salva Arco: do 30 de xullo ao 6 de agosto. A.B. Xinzo.