“Cando veña unha proposta que garanta a viabilidade do proxecto e a seguridade de tráfico e de persoas, non teño problemas para trasladala a Xunta”

Alcalde xinzo 1
“Cando veña unha proposta que garanta a viabilidade do proxecto e a seguridade de tráfico e de persoas, non teño problemas para trasladala a Xunta”

Antonio Pérez, defende o proxecto ao 100%, ao igual que os 200 veciños que solicitan coas súas firmas a realización do proxecto

O alcalde afirma que leva mais dun ano a prol desta obra imprescindible, para esta avenida e para o desenrolo da nosa vila. Non é fácil , nos tempos que corren, conseguir case medio millón de euros para unha actuación que hai mais de 15 anos que todos a levan solicitado.

NOS NON DECIDIMOS

83Antonio Pérez afirma que non lle corresponde ao concello a decisión sobre o proxecto a levar a cabo. A estrada pertence a Xunta de Galicia e foron os seus técnicos das distintas consellerías os que deron o visto e prace para facer a reforma desta maneira. Tamén conta cos parabéns dos técnicos de patrimonio e medio ambiente, como non podería ser doutra maneira.

Como remate o rexedor limián di que os veciños e veciñas, tanto da rúa como de Xinzo, non se merecen que esta obra se paralice polas mobilizacións . O obxectivo desta actuación é \“progresar e ter un vial en condicións\”.

O que moitos non entenden segundo afirma Antonio Pérez é que non é o mesmo gobernar que ser oposición. O goberno ten que tomar decisión que nalgún momento poden non ser entendidas por parte da veciñanza, pero a política faise no concello e no pleno, non con pancartas e manifestacións na rúa.

A PLATAFORMA XA TEN NOME

A plataforma creada o pasado mércores denomínase \“Amigos das árbores da Limia\” e ten como obxectivo coordinar e propoñer as acción a levar a cabo para que non se leve a efecto a tala dos devanditos árbores da Avd/ de Celanova.

O primeiro deles será a medición e valoración dos plataneiros este mesmo sábado e despois unha recollida de firmas polas rúas da vila.