A cantante limiá Aneu é a voz da Limia no Luar

laura
A cantante limiá Aneu é a voz da Limia no Luar

"Grazas por compartir o meu soño", di ela. Actúa esta noite na TVG.

Aneu –Laura– naceu en Ourense, mais desde moi pequena trasladouse coa súa familia para vivir á Coruña. Aos 8 anos comezou a estudar piano no Conservatorio Profesional de Música da Coruña e, aos 16 anos, descubriu que cantar era algo que levaba moi dentro e comezou a darlle vía solta á súa fermosa voz en diversas corais. Malia que vive na Coruña, as súas orixes están na Limia, concretamente nos Escornabois –Trasmiras–.

Dende o pasado 16 de setembro, está a participar –representando a Ourense Sur e á Limia– no concurso da Televisión de Galicia "Recantos" do Luar.

Malia que vive na Coruña, as súas orixes están na Limia.

Esta noite sorprenderá a asistentes e teleespectadores coa versión en galego do famoso tema de Marta Sánchez "Desesperada". Xa son 5 as cancións que leva interpretado no Plató 1000 da TVG, mais agardemos que non sexa a última. "Para min supón un escaparate moi imprtante pois dame a posibilidade de que me vexa moita xente de toda Galicia", afirma. Con cas 2.000 seguidores en Facebook, ben seguro que será unha das voces que máis escoitaremos no futuro.

Agardemos que todos os limiáns a poidan ver hoxe pola noite na TVG.

O seu soño é "ser cantante", mais mantén "os pés na terra" e por iso compatibiliza a música cos seus estudos de Química na Universidade da Coruña. "Grazas por compartir o meu soño", di ela. Polo momento, agardemos que todos os limiáns a poidan ver hoxe pola noite na TVG.

Moita sorte Laura!