O "Carlos Casares" de Xinzo estrea biblioteca
90 m2 dedicados non solo a lectura
Esta tarde o CEIP Carlos casares de Xinzo inaugurou a nova biblioteca que forma parte do proxecto de polos creativos. Están esperando a inclusión do centro nos novos programas da Xunta para poder reformar tamén o laboratorio no primeiro piso e entrar así nas novas “aulas creativas” para o século XXI.

FEITA A MAN
A inauguración asistiron, ademais do profesorado do centro, a alcaldesa Elvira Lama, concelleiros do grupo de goberno, representantes da ANPA e a coordinadora provincial de Bibliotecas.
No acto a alcaldesa fixo entrega ao director de varios libros que incrementarán o número dos xa existentes na biblioteca.

Preguntado José Carlos González, director do centro polos por menores da obra comentou, que toda a “obra civil” fora feita a man por el mesmo e varios compañeiros que entre outras cousas saben colocar parquet. Parquet que foi comprado en oferta, para desta maneira que os custes de man de obra fosen cero.
A sala está dividida en varios sectores, porque como indica Jose, agora as bibliotecas non solo para ir a ler libros, se non facer outras cousas distintas, entre as que están o espazo dedicado a informática e tamén outro para talleres creativos.
As novas instalacións xa foron durante a mañá parte do alumnado do centro e mañá irana visitar o resto do alumnado do centro.

