miércoles 19/1/22

Carlota Dobaño, filla do colaborador de Dende A Limia Manuel Dobaño, a académica máis nova da Real de Farmacia de Cataluña

A investigadora de orixe limiá pronunciará esta tarde o seu discurso de ingreso sobre a vacina contra a malaria REDACCIÓN [email protected] Esta tarde...
Carlota Dobaño é doutora en Farmacia e filla do colaborador de Dende A Limia, Manuel Dobaño. ELFAR.CAT

A investigadora de orixe limiá pronunciará esta tarde o seu discurso de ingreso sobre a vacina contra a malaria

REDACCIÓN [email protected]

Esta tarde (luns) Carlota Dobaño Lázaro converterase na académica máis nova da Real Academia de Farmacia de Cataluña. Esta investigadora de orixe limiá, é filla do colaborador de Dende A Limia Manuel Dobaño e leva máis de catorce anos dedicada a entender os mecanismos da inmunidade á malaria. Precisamente será este tema o que centrará o seu discurso de ingreso “Vacinación contra a malaria. Perspectiva histórica, inmunoxenicidade e retos de futuro”.

Actualmente, Carlota Dobaño desenvolve o seu traballo no Centro de Investigación en Saúde Internacional de Barcelona (Cresib).Foi nesta mesma cidade na que se licenciou en Farmacia en 1992 e na que agora reside, despois de que a súa formación a tivese levado por todo o mundo. Dobaño Lázaro realizou o seu doutorado en 1999 na Universidade de Edimburgo, desde onde se trasladou aos EE.UU. para formar parte do programa do Naval Medical Reserch Centre, alí traballou no desenvolvemento da vacina da malaria. Desde 2003 forma parte tamén do Centro de Investigación de Saúde de Manhica (Mozambique).

Carlota Dobaño, filla do colaborador de Dende A Limia Manuel Dobaño, a académica máis...
Comentarios