O "sen carné" identificado pola Garda Civil na A-52: "xa me parecía demasiado ancha para ser a nacional"

sencarné
O "sen carné" identificado pola Garda Civil na A-52: "xa me parecía demasiado ancha para ser a nacional"

O condutor, D.D.F. de 45 anos de idade e veciño de Xinzo de Limia, dixo aos axentes que se dirixía a Xinzo e que "xa me parecía demasiado ancha para ser unha estrada nacional".

Arredor das 11:40 horas de onte, a Central Operativa de Servizo de Tráfico de Ourense, recibiu un comunicado do 112 alertando de que varios condutores que nese momento circulaban pola A-52 á altura de Allariz, viran circulando por medio da autoestrada, sentido Benavente, un coche sen carné. Este transitaba a unha velocidade moi reducida poñendo en perigo a seguridade viaria do resto de condutores.

Inmediatamente se pasou aviso urxente ás patrullas de servizo para que tratasen de localizalo e o retiraran da circulación. O risco a que fose alcanzado por outro vehículo era moi elevado debido a grande intensidade do tráfico ao coincidir coa fin da ponte do San Xosé.

Foi interceptado finalmente pasada xa a saída de Xinzo de Limia, podendo ser retirado na saída do kilómetro 188. Identificado o condutor, resultou ser D.D.F. de 45 anos de idade e veciño de Xinzo de Limia, dixo aos axentes que se dirixía a Xinzo e que "xa me parecía demasiado ancha para ser unha estrada nacional". Durante a conversa co condutor, os axentes percatásonse de que a persoa atopábase desorientada e que daba respostas incoherentes ás preguntas que se lle formulaban. Xa que logo, foi proposto para que sexa valorado polos servizos de inspección sanitaria da Xunta de Galicia.