A carpa da compostaxe doméstica chega este mércores á Limia

compostaxe
A carpa da compostaxe doméstica chega este mércores á Limia

A Praza Maior de Xinzo é o punto escollido para anotarse á esta inciativa

A campaña busca divulgar e sensibilizar á poboación sobre a separación en orixe e reutilización da materia . Con tal fin, o mércores pola mañá instalarase unha carpa informativa na Praza Maior de Xinzo. Nela darase conta sobre como funciona esta proposta da Deputación e servirá tamén como punto para anotarse no caso daquelas persoas que queiran participar.

O programa da compostaxe doméstica consistirá nun curso de formación. O seguinte paso será a entrega dos composteiros e farase un seguimento sobre a realización do compost. Durante o proceso levaranse a cabo mesas redondas cos participantes para a posta en común da experiencia da campaña.

Dende o ente provincial apuntan que aquelas persoas que entren a formar parte da compostaxe doméstica, gozarán de vantaxes ambientais, sociais e económicas, como unha redución da factura que se paga pola recollida do lixo.

O único requisito para as persoas interesadas é que non tiveran participado noutra campaña anterior e que residan en Baltar, Bande, Os Blancos, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreus, Trasmiras e Xinzo de Limia

A carpa estará activa na praza ata ás 18h da tarde.