A Casa de Cultura acolleu o CORALIMIA 2016

120
A Casa de Cultura acolleu o CORALIMIA 2016

Compartiron escenario o grupo Agarimos da Terra de Mondariz e Aimil Folc de Xinzo

Un ano máis –e con este foron sete–, a agrupación AIMIL FOLC de Xinzo, que dirixe Fernando Dopico, celebrou o seu tradicional concerto para \“amigos\” no salón de actos da Casa de Cultura de Xinzo.

Nesta ocasión, o grupo invitado polos organizadores foi AGARIMOS DA TERRA de Mondariz, grupo folclórico de música tradicional galega.

Cada un dos grupos interpretou 3 composicións do seu repertorio.

ESTREA DE "VINDO DA FEIRA DE XINZO"

Cun auditorio repleto e entregado, o grupo AIMIL FOLC fixo a estrea dunha canción que titularon "Vindo da feira de Xinzo" que, como eles a definen, é un conto enxebre e tradicional con moita veracidade.

121

Como fin de festa, as dúas corais interpretaron conxuntamente a "Foliada de Pontevedra".

Rematado o concerto, os participantes celebraron unha cea de confraternización na que a comida se xuntou cos cánticos, provocando o alongamento da velada até ben entrada a madrugada.